Outono

Outono

Feliz curso 2010-2011

Pero, onde irá a nena?                                                        
pregunta a avoa.
A roupa no chan,
a cama baleira.
Pero, onde iría?
Estaba a pequena
encollidiña
como un caramelo
durmindo na cama,
cando chega o vento
soprando, soprando
e vaina levando
polo firmamento
sen facer ruido.
Pero, onde irá a nena?
preguntaba o pai.
Caladiña a nai
miraba o sendeiro
que o sopro de vento
deixara no ceo.
Pero ali non estaba.
Nin está na cama
de papá e mamá.
Que cousa máis rara!
Pero,onde está?
Antes de durmirse                                 
como se aburría
pediulle ao vento
que era amigo seu
que cando durmise
a levara á escola
do mago Merlín
Ali non se estudia,
nin se fan problemas
nin cousas así.
Alí só se xoga
se canta e se ri.
E está prohibido
(moi,moi prohibido)
que alguen se aburra,
se enfade ou pelexe.
Se iso pasase,
o mago enfadado
devolveo a casa.
pero nunca pasa.
Pero, onde irá a nena?
preguntaba a avoa,
preguntaba a nai,
pregunta papá.
O avó sorrí.
Sabe onde está.

No hay comentarios:

Publicar un comentario